Nota: El formulario se ha cubierto en idioma: Español
Amarinha.gal, Soberanía Dixital
Detalles de la propuesta:
Público objetivo
Todas aquelas persoas con conciencia social que desexen coñecer o proceso de creación dun organismo transformador no ámbito rural arredor da Soberanía Dixital ou procuren asesoramento para crear o seu propio.
Descripción
Esta sala pretende poñer a disposición da xente os coñecementos e experiencias adquiridos por Amarinha.gal ao longo do seu recorrido como colectivo preocupado pola Soberanía dixital e asentado nun ámbito rural.
Formato
Preferiblemente o sábado 18 Charla de 30 minutos “Amarinha.gal. Soberanía Dixital”. Obradoiro de 2h “Constrúe a túa Soberanía Dixital cos teus veciños” destinado ao deseño por grupos dun proxecto viable con impacto local. Asesoramento e divulgación de información según demanda.
Programa
- Presentación da instancia de Mastodon: amarinha.gal
Que é o fediverso, que é unha instancia, por que crear unha nova para A Mariña Lucense, como se fai a moderación da comunidade e cal é o estado actual da instancia. (Antonio Gregorio, Jose Manuel Ventoso, Lucía Ferro) - Exhibición de fanzines realizados polo colectivo de amarinha.gal
Mostra de copias impresas dos fanzines realizados polo colectivo de amarinha.gal, resolución de dúbidas e explicación de como se pode facer un fanzine sinxelo, informativo e rápido. - Charla sobre Soberanía Dixital en A Mariña Lucense
Historia do grupo, desenvolvemento das súas actividades e perspectivas de futuro. (Antonio Gregorio, Jose Manuel Ventoso, Lucía Ferro) - Obradoiro Constrúe a túa Soberanía Dixital cos teus veciños (Antonio Gregorio, Jose Manuel Ventoso, Lucía Ferro)
Comunidad que propone la sala:
- Nombre: Amarinha.gal
- Web: https://amarinha.gal/about
- Mastodon (u otras redes sociales libres): https://amarinha.gal/@admin
Info sobre la comunidad
O colectivo amarinha.gal naceu da man de Antonio Gregorio, Jose Manuel Ventoso e Lucía Ferro en setembro do 2023 ao crear a instancia de Mastodon do mesmo nome. A idea comeza coa única pretensión de ofrecer un espazo público para a xente da Mariña Lucense querendo emendar a falta dunha comunicación local e segura para a nosa comunidade. Posteriormente evoluciona incluíndo unha reunión mensual na que se realizan diferentes charlas e obradoiros, todos arredor da soberanía dixital ou temáticas relacionadas. Pouco a pouco vaise favorecendo a participación veciñal invitando a aqueles que desexan achegar os seus coñecementos ou propoñer problemáticas a tratar. A actual comunidade de amarinha.gal non é moi grande xa que estamos afincados nunha zona rural, mais trátase dun grupo moi heteroxéneo que inclúe un rango de idade que vai dende os 16 anos ao 85, diversidade de xénero e neurobioloxía ou simplemente con perspectivas moi dispares. Non estamos preocupados por un grande alcance senón que preferimos levar o coñecemento a aqueles estratos da sociedade que a miúdo non o reciben. Hoxe en día, amarinha.gal tamén ofrece un servizo de blogs federado co Fediverso para aqueles veciños con moito que dicir ou ganas de escribir.
Código de conducta
✅ Aceptado