Nota: El formulario se ha cubierto en idioma: Galego
Software libre para a protección de datos
Resumen
A entrada en vigor do RXPD e da lexislación española que o aplica (a LOPDDG) obrigou a moitísimos profesionais e empresas a familiarizarse con conceitos como o cifrado e o borrado seguro de datos, ademais de a entender as implicacións de utilizar servizos de terceiros para o tratamento de datos. Algunhas persoas empezaron a entender así, por exemplo, que ‘a nube’ non é nada etéreo, senon servidores físicos de empresas concretas, ubicados en xurisdiccións que é preciso coñecer.
Ainda que os aspectos técnicos da protección de datos son os grandes ignorados na aplicación da norma, o certo é que existen óptimas ferramentas de código aberto para o cifrado de datos locais e na nube, para as comunicacións e mesmo para o auto-aloxamento de servizos. Nesta breve charla apresentaremos as mais destacadas, como unha guia de recursos e recomendacións para aqueles/as profesionais que as podan necesitar.
Detalles de la propuesta:
- Tipo de propuesta: Charla corta (entre 10 y 15 minutos)
- Idioma: Galego
- Web del proyecto: https://bitnos.info
- Público objetivo: Profesionais que traballan con datos sensíbeis e teñen que implementar criptografía para cumprir co RXPD (profesionais da saúde, do dereito, sindicalistas, xestorias…). Persoas amantes do software libre pero non demasiado técnicas, e que por iso non coñezan as alternativas open-source que existen para a protección de datos.
Descripción completa
Chámome Miguel, e desde hai anos traballo en cuestións relacionadas coa privacidade dixital, sempre desde a filosofia do software libre. Na actualidade, participo na construcción dun proxecto profesional no rural de Ourense, centrado na promoción do software libre e a privacidade dixital.
A entrada en vigor do RXPD e da lexislación española que o aplica (a LOPDDG) obrigou a moitísimos profesionais e empresas a familiarizarse con conceitos como o cifrado e o borrado seguro de datos, ademais de a entender as implicacións de utilizar servizos de terceiros para o tratamento de datos. Algunhas persoas empezaron a entender así, por exemplo, que ‘a nube’ non é nada etéreo, senon servidores físicos de empresas concretas, ubicados en xurisdiccións que é preciso coñecer.
Ainda que os aspectos técnicos da protección de datos son os grandes ignorados na aplicación da norma, o certo é que existen óptimas ferramentas de código aberto para o cifrado de datos locais e na nube, para as comunicacións e mesmo para o auto-aloxamento de servizos. Nesta breve charla apresentaremos as mais destacadas, como unha guia de recursos e recomendacións para aqueles/as profesionais que as podan necesitar.
Explicaremos a conveniencia de cifrar discos duros e pendrives con LUKS en Linux, e con Veracrypt en Windows (frente a BitLocker). Falaremos de xestores de contrasinais libres e seguros como KeePassXC, e a sua integración en navegadores. Falaremos de front-ends amigábeis para cifrar e-mails con GPG, e por que isto é importante. E apresentaremos formas simples de aloxar un servizo de almacenamento cifrado nun servidor propio (Nextcloud, Hoodik…), e algunhas ferramentas para cifrar os datos localmente antes de subilos a nubes de terceiros (Cryfs, Cryptomator…)
Ponente:
- Nombre: Miguel
- Bio: Son licenciado en Filosofia, entusiasta da Informática, e apaixonado pola relación entre ambas as duas. Formeime e exercín como formador en privacidade dixital para activistas con Front Line Defenders. Tamén teño impartido cursos e charlas sobre seguranza e privacidade dixital no extinto centro municipal La Molinera, en Ourense, e traballado como profesor no programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI). No 2017 comecei a traballar axudando autónomos e pequenas empresas a adaptarse á normativa en Protección de Datos, e agora estou a piques de emprender un proxecto que combine esta tarefa coa promoción e venda de dispositivos con software libre (bitnós.info)
Info personal:
Comentarios
Envio duas propostas: esta e unha outra co título “É posíbel ser libre con un smartphone no peto?”. Non teño problema en impartir as duas charlas, ou a que vós escollades das duas, a que encontredes mais acaída ou interesante. Nota: A web de bitnos.info está ainda en construcción
Código de conducta
✅ Aceptado