Nota: El formulario se ha cubierto en idioma: Galego
O software libre está ben, pero comer hai que comer
Resumen
En TICGAL, vivimos disto. O noso negocio baséase en GLPI a mellor :) ferramenta ITSM e ITAM do mundo de código aberto (of course), pero usamos ducias de outras ferramentas abertas e contribuimos ao ecosistemas cunha chea de desenvolvementos. Iso si: sen integrismos. Integramos coas ferramentas dos nosos clientes sexan abertas ou non, a ver se os contaxiamos! Nesta charla veremos a nosa evolución e o noso modelo: como contribuímos de volta á comunidade (e facémolo) mentres construímos un negocio sostible que paga as facturas. O pragmatismo sobre a ideoloxía. Discutible, si. Respetable, tamén (ou non, xulga ti.
Detalles de la propuesta:
- Tipo de propuesta: Charla larga (alrededor de 30 minutos)
- Idioma: Galego
- Web del proyecto: https://tic.gal
- Público objetivo: Calquera interesado na parte menos romántica dos negocios, que do aire non se vive. As facturas seguen a pagarse en Euros e a nosa máquina de imprimir billetes quedou sen toner.
Descripción completa
Este título é unha provocación, si. Pero tamén é a realidade diaria de empresas coma TICGAL. Como se constrúe un negocio sostible sobre unha base de software “libre”? Como equilibras a filosofía das catro liberdades coa necesidade de pagar salarios, facturas e impostos a fin de mes?
En TICGAL, vivimos disto. Literalmente. O noso modelo de negocio ten un nome claro: GLPI. E si, poñemos o “smile” :) cando dicimos que é a mellor ferramenta ITSM e ITAM do mundo open source. É o noso motor, o piar sobre o que construímos solucións de xestión de servizos para clientes de todo tipo. Apostamos polo código aberto non só por filosofía, senón por potencia, flexibilidade e control.
Pero ningún proxecto é unha illa. O noso stack non se limita a GLPI. Para entregar valor real, integramos e usamos ducias de outras ferramentas FOSS: dende bases de datos como MariaDB, servidores web, sistemas de monitorización ata ferramentas de automatización, mesmo o ERP!. Cremos firmemente na construción sobre os ombreiros de xigantes.
Aquí é onde a filosofía FOSS se fai tanxible. Non somos só usuarios; somos contribuidores. Unha parte fundamental do noso modelo é devolver á comunidade. Como? Con horas de desenvolvemento, bug fixes, documentación e, por suposto, publicando unha chea de plugins e desenvolvementos baixo licenzas libres. Entendemos que para que o ecosistema medre, hai que regalo. E facémolo, con orgullo.
E agora, o “pero”. O pragmatismo. Onde queda o idealismo cando chega un cliente? Na nosa política de “cero integrismos”. A realidade empresarial é complexa. Os nosos clientes teñen sistemas legados, software propietario crítico (si, ese que comeza por ‘M’ ou ‘S’) ou plataformas na nube que non son FOSS.
O noso traballo non é xulgalos nin poñer barreiras ideolóxicas; é resolver os seus problemas. Integramos GLPI con SAP, con Active Directory, con ferramentas de BI privativas ou co que faga falta.
Cremos, de feito, que esta é a mellor forma de “evanxelizar”. Ao integrar o poder de GLPI no seu ecosistema existente, moitos clientes descobren o valor real do FOSS. É un “contaxio” por valor, non por imposición.
Nesta palestra, queremos compartir esta viaxe. Falaremos da evolución de TICGAL e do noso modelo: como estruturamos un negocio rendible que nos permite “comer” e, á vez, ser un membro activo da comunidade que nos dá de comer.
É unha charla sobre o pragmatismo por riba da ideoloxía. Discutible? Por suposto. Respetable? Agardamos que si. Ou quizais non.
Vén á charla e xulga ti mesmo. O debate está servido.
Ponente:
- Nombre: Óscar Beiro
-
Bio: Un tipo de cabelo longo. Cada vez menos e máis branco.
Home orquestra en TICGAL o único Platinum Partner de GLPI non francés do mundo.
Coa axuda da #equipaTICGAL convertemos a Galicia nunha referencia mundial dunha ferramenta de código aberto indespensable en calquera departamento TI.
Info personal:
- Web personal: https://about.me/oscar.beiro
- Twitter/X: oscarbeiro
- GitLab (u otra forja o portfolio general): https://github.com/ticgal
Código de conducta
✅ Aceptado