Nota: El formulario se ha cubierto en idioma: Galego
.ghuifi converte un enrutador obsoleto nunha WLAN illada cun servidor FTP para compartir todo tipo de contido!
Resumen
punto ghuifi é un proxecto que pretende converter a maior cantidade posible de routers obsoletos en servidores FTP para compartir arquivos en redes Wi-Fi sen conexión a Internet.
É a evolución do proxecto que se presentou na pasada feria de tecnoloxía aberta da Coruña organizada por Bricolabs, a OSHWdem25 baixo o nome de OpenRAFs, tras recoller a acollida e propostas de mellora que se deron na mesma.
Detalles de la propuesta:
- Tipo de propuesta: Charla larga (alrededor de 30 minutos)
- Idioma: Galego
- Web del proyecto: https://codeberg.org/bluepasser/.ghuifi/wiki/gl
- Público objetivo: A calquera persoa preocupada por minimizar o impacto medioambiental da tecnoloxía, en reparar ou dar unha segunda vida a aparellos electrónicos obsoletos, en compartir e difundir coñecemento libremente, na neutralidade da rede…
Descripción completa
A idea é presentar o proxecto: en que consiste, usabilidade, orixe, motivación, estado actual, liñas de evolución…
A modo de breve presentación, comentar que o proxecto en si non é código novo ou un compoñente hardware diy ou semellante, senón que é establecer un estándar de configuración e proporcionar arquivos de configuración para diferentes modelos de routers, de modo que calquera poida crear un punto ghuifi con pouco esforzo.
Defínense 3 modos de configuración, dependendo do uso que se quera dar a cada punto wifi:
- open.ghuifi -> Totalmente aberto. Calquera persoa pode compartir libremente contido co resto de persoas.
- community.ghuifi -> Acceso comunitario a través dunha contrasinal compartida. Calquera que coñeza o contrasinal do wifi pode compartir libremente contido co resto da comunidade.
- share.ghuifi -> Acceso totalmente aberto para ver e descargar o contido, pero só mediante unha autenticación mediante nome e contrasinal se pode subir contido.
Que persegue o proxecto entón?
-
Crear un estándar de configuracións de routers de tal forma que se unha rede Wi-Fi se chama dun certo xeito, “.ghuifi”, saber que é unha nube local de ficheiros compartidos. Como se dunha mesa de intercambio de libros se tratase, pero con ficheiros dixitais.
-
Facilitar ditas configuracións compartindo os arquivos backup (.cfg, .conf, .bin, …) para cada marca-modelo de router e así facilitar o traballo de instalación e mantemento.
-
Crear unha “rede” de puntos ghuifi. Unha comunidade. Fomentar a reutilización de hardware e a neutralidade da rede.
Ponente:
- Nombre: Álex
- Bio: Un programador que colabora en proxectos e iniciativas de software libre como OpenStreetMap, RepairCafes, barcamps, hackatones, hackspaces…
Info personal:
Código de conducta
✅ Aceptado