Nota: El formulario se ha cubierto en idioma: Galego
É posíbel ser libre con un smartphone no peto?
Resumen
En principio, a resposta á pregunta que encabeza esta charla é que NON. Defendo que a vida enganchados a un telemóbel non é mais fácil nen mais feliz, senon bastante mais estresante, asocial e escrava que hai 20 anos. Ademais, o smartphone é unha ferramenta de control social case absoluta, e o monopolio de Google e Apple fan case imposíbel rodar nel sistemas operativos libres.
Contodo, se a sua utilización é necesaria, exploraremos as alternativas que existen. Explicaremos as dificuldades que existen para “liberar” realmente a telefonía mobil debido á especificidade do seu hardware, pero faremos referencia aos proxectos que existen de rodar linux nestes aparellos. Tamén falaremos das alternativas mais maduras de rodar un sistema open-source e respeitoso coa privacidade en dispositivos deseñados para Android: LineageOS, /e/OS e GrapheneOS.
Detalles de la propuesta:
- Tipo de propuesta: Charla larga (alrededor de 30 minutos)
- Idioma: Galego
- Web del proyecto: https://bitnos.info
- Público objetivo: Público xeral
Descripción completa
Chámome Miguel, e desde hai anos traballo en cuestións relacionadas coa privacidade dixital, sempre desde a filosofia do software libre. Na actualidade, participo na construcción dun proxecto profesional no rural de Ourense, centrado na promoción do software libre e a privacidade dixital.
En principio, a resposta á pregunta que encabeza esta charla é que NON. Defendo que a vida enganchados a un telemóbel non é mais fácil nen mais feliz, senon bastante mais estresante, asocial e escrava que hai 20 anos. Falaremos un pouco dos datos e realidades que avalan esta visión crítica, e da adicción ao smartphone como unha realidade tan grave como dificil de recoñecer.
Ademais, o smartphone é unha ferramenta de control social case absoluta, e o monopolio de Google e Apple fan case imposíbel rodar nel sistemas operativos libres. Explicaremos como as diferentes empresas que aniñan nas nosas apps saben todo sobre as nosas vidas e fan negocio cos nosos datos, e tamén falaremos de como os estados totalitarios (e non tan totalitarios) utilizan a dependencia do móbil dos seus cidadaos para espialos e controlalos.
Contodo, se a sua utilización é necesaria, exploraremos as alternativas que existen. Explicaremos as dificuldades que hai para “liberar” realmente a telefonía mobil debido á especificidade do seu hardware, pero faremos referencia aos proxectos que existen de rodar linux nestes aparellos. Tamén falaremos das alternativas mais maduras de rodar un sistema open-source e respeitoso coa privacidade en dispositivos deseñados para Android: LineageOS, /e/OS e GrapheneOS.
Ponente:
- Nombre: Miguel
- Bio: Son licenciado en Filosofia, entusiasta da Informática, e apaixonado pola relación entre ambas as duas. Formeime e exercín como formador en privacidade dixital para activistas con Front Line Defenders. Tamén teño impartido cursos e charlas sobre seguranza e privacidade dixital no extinto centro municipal La Molinera, en Ourense, e traballado como profesor no programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI). No 2017 comecei a traballar axudando autónomos e pequenas empresas a adaptarse á normativa en Protección de Datos, e agora estou a piques de emprender un proxecto que combine esta tarefa coa promoción e venda de dispositivos con software libre (bitnós.info)
Info personal:
Comentarios
Envio duas propostas: esta e unha outra co título “Software libre para a protección de datos”. Non teño problema en impartir as duas charlas, ou a que vós escollades das duas, a que encontredes mais acaída ou interesante. Nota: A web de bitnos.info está ainda en construcción
Código de conducta
✅ Aceptado