Nota: El formulario se ha cubierto en idioma: Español
Boas Prácticas para unha Transición Enerxética mais xusta
Resumen
Dende Enxeñería Sen Fronteiras galicia levamos un tempo criticando a mal chamada Transición Enerxética por ser plantexada de xeito defectuosos, só para beneficio das grandes corporacións empresariais e deixan ó resto da poboación atrás. Pero, hai xeitos mais xustos de facer esa transición tan necesaria? Nesta charla expoñemos a crúa realidade á que nos abocamos se non facemos nada, con datos oficiais contrastables, e propoñemos exemplos que están servindo en Galicia para transitar de xeito mais democrático e inclusivo. A presentación está feita en Libreoffice Impress. Para mais información, se pode consultar a entrevista colgada na ligazón compartida.
Detalles de la propuesta:
- Tipo de propuesta: Charla larga (alrededor de 30 minutos)
- Idioma: Galego
- Web del proyecto: https://galicia.isf.es/blog/esfradio-por-que-e-como-facer-a-transicion-enerxetica/
- Público objetivo: Dirixido a tódolos públicos.
Descripción completa
Trátase dunha presentación informativa, no que se irá desgranado a realidade á que nos enfrontamos globalmente, dos distintos límites planetarios sobrepasados e qué solucións verdadeiramente sustentables se están propoñendo dende Galicia. Se falará da problemática dos límites enerxéticos, principalmente, pero tamén se aportarán ideas de solucións factibles na liña das distintas soberanías (alimentaria, enerxética, tecnolóxica/dixital,…). Inda que a primeira parte da presentación pode semellar un panorama bastante negro, a segunda parte aporta esperanza de saídas posibles e ó alcance de todos.
Ponente:
- Nombre: Alberto Molares Vila
- Bio: Dr. en CC. Químicas pola UVigo. Bioinformático clínico no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Membro da Fundación Galicia Verde. Colaboro co grupo de Ecotoxicoloxía Mariña da UVigo. Co-impulsor da moeda social A Sabia Galega. Participo na Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural e en Arredor do Rural: comunidade de saberes. Activista en transición dende o ecoloxismo cara o biocentrismo.
Info personal:
- Mastodon (u otras redes sociales libres): https://mastodon.social/@ESFGalicia@mastodon.gal
Código de conducta
✅ Aceptado