Bancos de Reciclaxe Electrónica de Galicia con Software Libre
A fenda dixital, que xa estaba aí antes da pandemia, fíxose aínda máis visible. Moitas familias tivérono complicado para poder manter o ritmo en ámbitos no que o dixital amosouse como un xeito de non desconectar do mundo. A educación infantil foi un deles, e lamentablemente en moitos fogares non se puideron seguir as clases coma no resto. Por iso, varias asociacións do ámbito tecnolóxico (Enxeñería Sen Fronteiras, Aberteo, IEEE UVigo, Informática Solidaria e A Industriosa) quixemos unir forzas para poder fechar esa fenda dixital, tratando ademais de promover a formación dixital e a reutilización de equipos que aínda poderían ser útiles, atrasando a súa obsolescencia, e promovendo o emprego de software libre.
Detalles de la propuesta:
- Tipo de propuesta: Taller / Presencial
- Descripción:
A idea para o congreso é dar unha charla / obradoiro explicando primeiro brevemente o que facemos para a continuación dar un obradoiro mostrando un exemplo de reparación dun equipo informático para que a xente lle perda o medo a cacharrear con eles. Estimamos unha duración aproximada dunha hora. Necesitaríamos dipoñer de conexión a internet e unha fonte de alimentación.
-
Web del proyecto: https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/
-
Público objetivo:
Persoas con interese en proxectos de carácter más social e especialmente aquelas que non teñen coñecementos sobre Linux e reparación de ordenadores, ainda que está aberto a todo tipo de público.
Ponente:
-
Nombre: José Antonio González Nóvoa
-
Bio:
Son voluntario e socio das asociacións Enxeñería Sen Fronteiras, IEEE UVigo e a Industriosa. Xa teño dado presentacións relacionadas con este tema dentro da Universidade, asi como noutros eventos.
Condiciones aceptadas
- Acepto seguir el código de conducta (https://eslib.re/conducta) durante mi participación en el congreso