Por que os deseñadores foxen dos programas Open Source?
Análise e reflexión do por qué a maoría de deseñadores prefiren traballar con programas de deseño privativos.
Detalles de la propuesta:
-
Tipo de propuesta: Charla corta / Presencial
-
Descripción:
Farei unha breve exposición sobre as causas que levan ós deseñadores a decantarse polos programas de deseño privativos. Os pros e contras cos que se atopan os que deciden facer a transición ós programas Open Source máis empregados. E unha posible solución para facer máis apetecible o seu emprego.
- Público objetivo:
En principio está orientada a todos os públicos. Supoño que levantará máis interese nos deseñadores, pero gustaríame atraer tamén o interese dos desenvolvedores.
Ponente:
-
Nombre: Sabela Muñiz
-
Bio:
Son tradutora e creativa dixital. Colaboro con proxectos tecnolóxicos que queiran mellorar a vida das persoas, comprometidos co medio ambiente e coa sociedade. Gústame combatir a fenda dixital a través de cursos ou charlas, cunha linguaxe próxima e que poida entender calquera.
Experiencia na materia… levo empregando programas de edición de imaxes, edición de gráficos vectoriais, edición de vídeo, deseño e modelado 3D, entre outros, dende fai case 20 anos.
Participei como ponente na WordCamp de Pontevedra e na de Galicia. Na Blendiberia e na Women Techmaker, entre outros.
Info personal:
- Twitter: https://twitter.com/castrovilar
Condiciones aceptadas
- Acepto seguir el código de conducta (https://eslib.re/conducta) durante mi participación en el congreso